Servicios Sociales
Actividades de Orientación, Asesoramento e Información.
Teñen por obxecto informar ós veciños sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais de atención especializada.
Programa de Axuda no Fogar
O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade aqueles cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporciónaselles a posibilidade de continuar no seu contorno natural, mentres isto sexa posible e convinte. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.
Accións de Emerxencia Social
Dende os Servizos Sociais detéctanse situacións de urxencia que requiren ser abordadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, correxir estes déficits.
Programa de Educación Familiar
O programa de educación familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a prevención de futuras dificultades e a integración social dos seus membros a nivel profesional, escolar, etc.
Comedor sobre Rodas
Coa finalidade de mellora-la calidade de vida dos nosos maiores e das persoas con certa dependencia facilitando así a permanencia no seu entorno, consiste en levarlle ó domicilio dos usuarios o xantar e incluso a cea ofrecéndolles un menú adaptado e baixo control médico (de luns a venres). O prezo do xantar é de 3 euros e de 2 euros o da cea.
Outras Accións
Por exemplo: realización de accións de animación, prevención e cooperación social, accións de convivencia alternativa, información e tramitación de subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural, etc. Este servizo pódese complementar co programa de teleasistencia domiciliaria
.