top of page

Analisis Socioeconómico

Análisis Muiños

O concello de Muiños, ten unha superficie de 109.7 km cuadrados, algo superior a media dos concellos galegos que é de 93.97, e dos da súa provincia de Ourense, de 77.30 km cadrados. A perda de poboación é a característica máis importante neste concello.

 

Se a comenzos de século contaba con 4.579 habitantes, sufriu a partir de aquí un descenso suave e constante ata 1981 momento no que o declive foi moito maior, pasando de 4.152 habitantes que tiña nestas datas, ós 2.572 de 1986, 2.332 dos anos noventa e ós 2004 da actualidade. A razón fundamental desta tendencia foi a emigración continua que tivo o seu momento máis intenso co auxe das saídas cara a Europa. Este proceso só se contivo no período de construcción dos dous encoros que hai no termo. Por outra parte a baixa natalidade e fecundidade, ademáis da elevada mortalidade tamén son factores explicativos. A conxunción de todas esas causas, ademáis da emigración, xerou outro problema: o envellecemento demográfico. No termo non destaca ningún núcleo aglutinador da poboación, xa que Requiás, que é a parroquia máis poboada, ten só un 16,06 % do total da habitantes, seguido en importancia pola de Muíños, co 15.95 %, e Barxés, que conta co 15.09%. De todos modos hai que mencionar a Mugueimes, núcleo que medrou un 200% nos últimos 20 anos.

 

A agricultura e a gandeiría, complementadas co aproveitamento madeireiro son a base económica deste municipio. O sector primario ocupa o 68% da poboación activa dato que por si só, da unha primeira idea da realidade económica de Muiños.

 

A actividade principal é con diferencia a agricultura, sendo o millo o cultivo máis importante, seguido pola pataca, trigo e o centeo. Sen embargo , a perda de boas terras de cultivo coa construcción dos encoros, ademáis dun relieve pouco axeitado, minguaron esta actividade.

 

A gandeiría serve de complemento á agricultura

 

O gando bovino que representa un 60,24% do total do censo gandeiro, ocupa o carto posto en importancia dentro dos concellos da provincia. A éste séguenlle en importancia o porcino con un 16.32% e o ovino con un 9.2%.

 

O resto da poboación ocúpase no terciario propio dunha cabeceira municipal.

 

A mala situación económica e a súa envellecida poboación explican que actualmente o cobro das pensións de xubilación sexa unha fonte importante de rendas.

 

De todo-los xeitos, o concello ten certas perspectivas si se aproveitan as súas potencialidades, sobre todo no eido do turismo rural que é unha boa fonte de posibilidades de futuro, e na explotación dos recursos endóxenos (granito, madeira etc...) para os que hai posibilidades de financiación.

bottom of page