Biblioteca
Servicio de Consulta na Sala
A biblioteca de Muiños pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuais, revistas, diarios oficiais, xornais, etc. que poden ser consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector.
Horario
9:00h a 14:30h de lunes a viernes
Teléfono
988 456 403
Servicio de Préstamo
O préstamo é libre e gratuíto pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo.
Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo.
Tamén contamos con anuarios, diccionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluir do préstamo.
¿Qué servicios ofrece?
Mediante o programa Internet nas Bibliotecas instalouse na biblioteca do concello un telecentro de acceso público e gratuíto para posibilitar o acceso a Internet polos veciños/as.
Este centro de acceso conta con 7 terminais de acceso (7 ordenadores) e os correspondentes periféricos (impresoras, escaners,etc) para o acceso a Internet con banda ancha (ADSL).
¿Que é un telecentro?
Un telecentro é un local de acceso público, habilitado polo Concello, onde se pon a disposición de todos os cidadáns un entorno de acceso gratuíto á Internet en condicións de calidade. Para isto instálase un acceso á Internet de banda ancha, unha rede local sen fíos e varios ordenadores e periféricos de uso público. Os cidadáns poden acceder libremente a este espazo para navegar pola Internet ou facer uso dos ordenadores e periféricos, e ata navegar como convidados desde os seus propios ordenadores portátiles. O "Telecentro" é un espazo comercialmente enfocado para desenvolver iniciativas vinculadas ás TIC. Neste espazo atopará as novas tecnoloxías, converténdose así, nun centro de teletraballo e servizos telemáticos que nace coa pretensión de espallar os beneficios das tecnoloxías da información no ámbito rural, promocionar o teletraballo e formar empresas, traballadores e habitantes da comarca para se que poidan unir á chamada "Sociedade da Información".
.