Proyectos

ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)

ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) ao abeiro a ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A)

A elaboración do PLAN é un compromiso adquirido polo Concello ao asinar o Pacto dos Alcaldes, que ten os seguintes obxectivos:

- Reducir as emisións de CO2

- Aumentar a eficiencia enerxética 

- Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables

- Elaborar un inventario de Emisións de Referencia (IER)

- Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático

- Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

- Presentar un documento de seguimento alomenos cada dous anos.

 

Polo tanto, amósase que a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) é un compromiso adquirido ao asinar o Pacto dos Alcaldes.

Para cumprir co compromiso adquirido elaborarase o PACES, que é o documento de principal polo que o concello expón cómo pretende acadar os compromisos asumidos, que contén a definición e planificación dos obxectivos estratéxicos, definindo as medidas de mitigación e adaptación deseñadas para acadar os obxectivos, a programación temporal e as responsabilidades asignadas.  

Durante a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) deberase realizar un inventario de emisións de referencia (IER) que servirá como punto de partida á hora de determinar as accións a realizar, as estratexias a seguir, ...

Ademais, realizarase unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ao cambio climático do termo  municipal en relación coas principais ameazas climáticas.

Tras isto realizarase a proposta de plan de acción que terá como obxectivo cumprir cos obxectivos de redución de emisións GEI así como aumentar la resiliencia climática do concello, minimizando os efectos sobre o medio ambiente e as persoas do cambio climático. 

Finalmente deberá establecerse unha metodoloxía para a realización do inventario de seguimento de emisións (ISE) que deberá actualizarse cada dous anos, de xeito que se poida comprobar o cumprimento dos obxectivos fixados.

O concello comprométese a realizar, cada dous anos, o INFORME DE ACCIÓN, que é un informe de seguimento sobre a implantación do PACES.

Redes Sociales

Lugar

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

Copyright ©2018 Concello de Muiños. Todos los derechos reservados. Diseño y desarrollo por Dream Up