top of page

EDIFICIO PORTA PARQUE

O ecosistema do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés debe a súa riqueza aos cursos de auga que o percorren.

O líquido elemento é xerador de vida, fonte de enerxía e ata fórmula de ocio. A súa presenza a modo de afloramentos termais foi dende a época romana un valor engadido e a súa capacidade abastecedora un motivo para o asentamento de diferentes civilizacións.

O edificio Porta Parque pon a disposición dos visitantes unha exposición adicada a auga, cun percorrido polos diferentes puntos da comarca e do Parque Natural Baixa-Limia Serra do Xurés, no que a auga é o factor diferencial.

Dentro do edificio, creouse recentemente a Aula Arqueolóxica do Megalitismo do Val do Salas e da Serra do Leboreiro coa finalidade de dar a coñecer o Megalitismo das terras da Baixa Limia. Apoiándose no rico legado existente na zona, máis de 200 monumentos catalogados nos municipios que forman esta comarca ourensana, a nova instalación pretende divulgar este fenómeno prehistórico, arquitectónico e monumental sempre en función da súa integración no Megalitismo Europeo Atlántico, do que forma parte, así como da súa relación inseparable cos megálitos portugueses do outro lado da fronteira, que sumados aos da Baixa Limia achéganse case aos 350 monumentos.

RUTAS DE MEGALITISMO
DESCARGA FOLLETO >>

Para realizar reservas o consultas sobre el turismo de Muiños, escribe a turmuinosconcello@gmail.com o llama al 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

TURISMO MUIÑOS ©2016 | AVISO LEGAL | POLITICA DE COOKIES  |  POLITICA DE PRIVACIDAD

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page