top of page

Festas populares

O concello de muiños quere dar a coñecer a súa idiosincrasia a través de festas de caracter popular, onde se ensalzan os productos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo. Do mesmo xeito, non quere deixar pasar por alto concretas datas do ano, para ofrecer a todos os seus veciños poder disfrutar delas como son o entroido, reis magos, magostos populares etc. querendo acadar que non morra o sentido destas festas. Repartidas ó longo de todo o ano, no concello celébranse as seguintes festas e as seguintes actividades.

ENTROIDO
  • Lugar de celebración: Mugueimes (Muiños)

  • Data de celebración: Vacaciones de carnaval

O traxe do Cabreiro do Concello de Muiños representa a figura dos “Cabreiros” como imaxe representativa e diferenciadora do Entroido deste municipio. A orixe do primeiro traxe do que se ten razón deuse no pobo de Vilar de Cas, na zona da porta da Limia.  

O traxe do Cabreiro do Concello de Muiños representa a figura dos “Cabreiros” como imaxe representativa e diferenciadora do Entroido deste municipio. A orixe do primeiro traxe do que se ten razón deuse no pobo de Vilar de Cas, na zona da porta da Limia.

Conta a tradición que antigamente os Cabreiros saían as rúas a bater as chocas, dun xeito incansable e estarrecedor, co lixeiro “Anuncio” que faían ás doce da noite do sábado para prepararse para a Gran Cabuxada de domingo. Empurrábanse colocando o ombreiro propio co do contrincante, premendo ata que cedía o contrario, pero sen dar empurróns secos para evitar as lesións. Esto facíase tamén a modo de danza ou ritual bebendo nas fontes da historia, de xeito que as cabras agachaban a cornamenta co ademán de chocar, para chegar a altura do que ven enfrente mudando lixeiramente a traxectoria para evitar pasar o lado. O Entroido complétase cunha festa de exaltación do cabrito asado. Guisado e preparado seguindo as segredas receitas tradicionais que gardan as cociñeiras da bisbarra.

Esta figura recuperouse no ano 2004 debido a crecente fervor popular dos veciños polas festas do entroido, e ante a petición unánime dos veciños, a través do tradicional “Cabreiro”. O traxe que auna tradición e cultura propia, representa a identidade deste municipio e o diferencia das comunidades veciñas, foi diseñado por America Soto e está composto por:

  • Cabeza: semella a cabeza dunha cabra, con duas perillas a cada lado da mandíbula.

  • Camisa: confeccionada en tela de lino 100%, con 4 botóns no peito, 3 botóns nos puños e 7 lorzas en cada manga.

  • Chaleco: confeccionado en tela vermella 100% con pasamanerías de algodón 100% en vermello e dourado.

  • Pantalón: confeccionado en Antelina negra con pasamanerías de algodón 100% en vermello e dourado, e pódese levar faixa se se quixera.

  • Polainas: confeccionadas 100% do cor do testuz con pasamanerías de algodón 100% en vermello e dourado.

  • Capa: de cor negro con cintas e chocallos pequeniños.

  • Zurrón: de pel de cabra ou da mesma cor que o material da cabeza.

  • Cinto: de coiro con seis ou máis chocallos de ovella.

  • Nas máns levará un corno.

O traxe do Cabreiro foi cedido recentemente o Museo do Entroido do Xinzo de Limia para ser exposto no mesmo.

SOPAS DO BURRO CANSADO
  • Lugar de celebración: Mugueimes (Muiños).

  • Data de celebración: 2ª fin de semana de agosto.

Pola mañá inauguración da EXPO- Artesán (feira de artesanía) e baixada de carrilanas e procesión dos burros pola Vila. Pola tarde actuación dunha charanga e xogos populares no Campo de fútbol: turra da corda, subida á cucaña, sopada, carreira de burros, carreira de sacos e chega de bois. Actuación de grupos de animación na rúa e degustación das sopas de burro canso (pan con viño e azucre).

Pola noite na praia de A Rola o evento musical Muiños Dance. 

FIESTA GASTRONÓMICA DEL GALO PICA NO CHAN
  • Lugar de celebración: Mugueimes (Muiños).

  • Data de celebración: 2º fin de semana de agosto.

Os galos son entregados ós "criadores" do Concello gratuitamente na primeira quincena do mes de Maio. Terán unha sinal que os distinguirá de calquera outro, terán que estar nun espacio aberto que lles permita "picar no chan" para acadar a súa alimentación máis natural. Poden ser axudados coas amasadas e verduras da comida tradicional destes animais.

Nas datas antes da festa, unha comisión da festa visitará tódolos lugares de "cría" e acordará os premios de cada rolada, determinando cales van ser sacrificados, e cales serán vendidos pola organización, nunha exposición que mostrará todos aqueles galos vivos, indicando os pobos onde se criaron. Fixaranse tamén as datas para mata-los galos, co fin de manter unha uniformidade na calidade da carne que será cociñada.

O galo para ser "recollido" pola comisión da festa terá que estar morto, pelado e limpo, sempre e cando teña o sinal metálico, con que se entregou para súa "cría", como garantía de calidade. O prezo de venda fíxase en 9 (nove) euros o Kg.

Xantar do Galo Pica no chan para unhas 1.000 persoas no Polideportivo de Mugueimes. Outras actividades que se realizan: Pola mañá actuación dun grupo de música, lectura do pregón; pola tarde actuación de grupos folclóricos de España e Portugal e pola noite festa e verbena cunha orquestra.

FIESTAS DE ALDEA, FERIAS Y ROMERÍAS

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round
Marca_Galicia.jpg

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page