Flora e Fauna
Flora
Malia a uniformidade do substracto existe unha gran variedade ecolóxica.
O concello, dentro da comarca da Baixa Limia, sitúase entre dúas grandes rexións europeas: a Eurosiberiana (provincia atlántica) e a Mediterránea (provincia carpetano-leonesa). Aínda que a vexetación actual reflicte profundas transformacións derivadas da acción do home, aínda permanecen nalgúns lugares as formacións climáticas: os bosques de carballos. O mato está formado nesta zona por xestas, urces brancas, toxos e algunhas especies de vocación mediterránea, como xaras, ruscos e albedros, que ocupan amplas extensións, sinalando o progreso da deforestación.
Ó aumenta-la altura, o rebolo substitúe paulatinamente o carballo, aparecen acivros, teixos, urces, albedros, bidueiras, piñeiros silvestres e plantas herbáceas de escasa cobertura.
Fauna
Lobo, xineta, garduña, raposo, corzo, xabarín, miñato, cóbrega ( bastarda e de escaleira), coello e perdiz roxa.
Nas zonas húmidas atopamos cegoñas e garzas, nos ríos, lontras, e nos encoros varias especies de anátidose pisícolas, como troita, cacho, boga, barbo ou carpa.
No lugar de Salgueiro , pobo abandoado que está a ser recuperado pola Xunta de Galicia como centro base para a recuperación da cabra montés, desaparecida na comarca pero que as idóneas condicións deste marabilloso e esgrevio entorno permite a súa adaptación de maneira singular. O garrano, o célebre poni galego, tamén pode ser visto nesta paraxe en estado salvaxe.
Climatoloxía
O clima propio de Galicia, ten unhas temperaturas medias anuais de 13.1 gradosi C e amosa aquí alguns rasgos de mediterranización, como se constata na aridez estival, xa que xullo e agosto teñen unhas temperaturas medias de 20.6 grados C, mentras que sólo se recollen 29.5 mm de precipitacións; as temperaturas invernais acostuman a ser suaves.