GES - Grupos de emerxencias supramunicipais
Funcións
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal é un equipo que conforman 13 profesionais coas funcións principais de ofrecer, conxuntamente co GES de Lobios, a atención permanente e profesionalizada nas emerxencias que xurden na comarca da Baixa Limia e cunha cobertura total as 24h os 365 días do ano.
Intégrase funcionalmente dentro do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, no cal tamén coopera a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (Avpc) de Muiños.
Este servizo conta con diversos vehículos e material, que permiten levar a cabo as súas funcions, entre outros destacan:
-
2 vehículos todoterreo.
-
1 vehículo de primeira intervención, o cal porta un pequeno equipo de extinción de 400 l, extintores, material de sinalización e balizamento, equipo de excarcelación, escadas, material de rescate e inmovilización, motoserras, lazo para recollida de animais feridos, absorbentes de hidrocarburos e outro material funxible de distinto tipo.
-
Bomba Rural Pesada (motobomba) con capacidade de 3000 l e equipada con mangueiras de distintos diámetros, lanzas, bifurcacións, reduccións, xerador de espuma.
-
Vehículo Nodriza: un camión con 4000 l de capacidade e equipado con mangueiras de distintos diámetros, lanzas, bifurcacións, reduccións.
-
2 embarcacións neumáticas de 3,85 m de eslora e unha de 6 m de eslora.
As funcións do Grupo de Emerxencias son:
-
A prevención, vixilancia e rehabilitación do normal desenvolvemento das infraestructuras municipais.
-
A intervención en incendios urbáns co obxectivo de prestar unha atención rápida nos primeiros minutos para garantir a integridade física das persoas afectadas e, na medida das súas posibilidades, a dos bens materiais.
-
Accidentes de tráfico, excarceracións e rehabilitación e limpeza das vías afectadas polos mesmos.
-
Apertura de portas en caso de extrema gravidade e cando así o solicitan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
-
Intervención rápida en incendios forestais ata a chegada dos medios propios da Administración Autonómica (SPDCIF), tendo como principal obxectivo a salvagarda e protección das posibles vidas ou dos bens inmobles en perigo.
-
Colaboración na elaboración dos plans de emerxencia e autoprotección das dependencias municipais, centro escolar e lugares públicos de gran aforo deste municipio cos conseguintes programas de formación e simulacros necesarios establecidos para garantir o perfecto desenvolvemento dos mesmos.
-
Actuación en inundacións e anegamentos, supervisión das presas en colaboración con Unión Fenosa, inclemencias meteorolóxicas, temporais, caída de árbores e outros acaecementos similares.
-
Prevención de inundacións e anegamentos, procedendo á limpeza e mantemento de beiravías, sumidoiros de augas pluviais e similares, en colaboración cas brigadas municipais de obras e servizos.
-
Realización de podas preventivas co fin de evitar caídas de árbores ou outra vexetación, protexendo así bens de dominio público tales como camiños, rúas ou estradas.
-
Identificación e comunicación de animais abandoados, feridos ou mortos.
-
Coordinación do Plan SAPRAGA que implica a vixiancia das piscinas e zonas fluviais habilitadas para o baño no encoro das Conchas e de Salas durante os meses comprendidos entre xuño e setembro.
-
Prestar a colaboración necesaria á Garda Civil de Lobios nos casos nos que esta o solicite.
-
Efectuar o reparto de alimentos dos programas de axuda ás persoas máis desfavorecidas ou outros colectivos dictaminados pola Alcaldía de Muiños.
Noticias
Acto de entrega do material de Emerxencias.
A Xunta de Galicia continúa a reforzar os medios cos que contan os servizos de Protección Civil dos concellos galegos coa dotación de novo material de emerxencias.
En concreto hoxe, na Estrada, fíxose entrega de dezaseis remolques de salvamento e rescate a concellos galegos de menos de 50.000 habitantes. Na provincia de Ourense víronse beneficiados con este material os concellos de Avión, Lobios, Muiños e Agrupación de concellos de Laza e Castrelo do Val.
O investimento total neste material é de 204.000 euros, pero forma parte dunha orde que ascende a 733.000 euros e que inclúe 9 vehículos todo terreo pick-up, e outros 16 remolques de Emerxencias. O custe por remolque cífrase en 12.742 euros.