top of page

Historia

As raíces de Muiños como concello

No antergo réxime (antes de 1821) o que hoxe é o concello de Muiños, tiña as súas parroquias distribuidas en duas xurisdiccións: Calvos de Randín e Rairiz de Veiga, máis un coto redondo independente que era o de Maus de Salas. Todas as parroquias ou fregresías pertencían a Provincia de Ourense. A súa distribución era a seguinte: 

 

 

Xurisdicción de Calvos de Randín coas parroquias de:

 

  • Muiños

  • Parada de Ventosa

  • Prado

  • Porqueirós

  • Xermeade

 

O señorío destas entidades pertencía ó Conde de Lemos.

 

Xurisdicción de Maus de Salas coa parroquia de Maus, sendo señorío da encomenda de Quiroga, relixión de San Xoán.

Xurisdicción de Rairiz de Veiga, coas parroquias de:

 

  • Barxés

  • Couso de Salas

  • Farnadeiros

  • Requiás-Guntumil

  • Souto

 

O señorío feudal era do Conde de Monterrei. Non figuran nesta relación a parroquia de Cados, creada no ano 1893.

Os primeiros concellos constitucionales

Cando se establecen os novos concellos constitucionais no hoxe concello de Muiños e no seu termo, figuran tres concellos que son: Muiños, Couso de Salas e Maus de Salas, os tres pertencentes ó partido xudicial de Bande, e que como tales figuran nos documentos da Deputación de Galicia, entón única.

 

Unha vez feita a distribución de Galicia en catro provincias a comenzos do ano 1822, os tres concellos seguen pertencendo o partido xudicial de Bande, e agora a provincia de Ourense.

A división municipal do RD de 23 de Xullo de 1835

A tramitación dos expedientes dos novos concellos segundo o R.D do 23 de Xullo de 1835, iniciada polo goberno civil e completada logo pola Deputación de Ourense, no que se refire o Partido xudicial de Bande, a onde pertence Muiños, foi entregada polo gobernador á Deputación para informe na sesión do 26 de Outubro de 1835, e a mesma, xa na sesión do 15 de Novembro do 1835, entregou o expediente a unha comisión composta polo deputado do partido e dous máis, quenes o formularon, sendo a mesma examinada, na sesión da Deputación do 2 de Febreiro de 1836, e aprobada tal e como a formulara acordando remitirlle o expediente ó gobernador civil.

 

Esta resolución tardou en ser publicada, agardando por outras, e pola aprobación da S.M. se ben os concellos que nela aparecen xa ben instalados, e ó referente ó partido Xudicial de Bande, tivo lugar no BOPOR, NÚMERO 48, do 14 de Xullo de 1836, e na mesma aparecen os concellos de Muiños da forma literal seguinte:

CAPITALES AYUNTAMIENTOS

PARROQUIAS

Muiños

Muiños S. Pedro

Muiños

Bargeles Sta Mª

Muiños

Couso Santiago

Muiños

Maus de Salas

Muiños

Requias Santiago

Muiños

Prado S. Salvador

Muiños

Porqueirós

Muiños

Germeade S. Miguel

Muiños

Souto Sta. María

Muiños

Farnadeiros

Muiños

Parada de Ventosa

Please reload

JURISDICCIÓN DE PROCEDENCIA

ESTAFETA

Calvos

Celanova

Rairiz

Celanova

Rairiz

Celanova

Maus de Salas

Celanova

Rairiz

Celanova

Calvos

Celanova

Calvos

Celanova

Calvos

Celanova

Rairiz

Celanova

Rairiz

Celanova

Calvos

Celanova

Please reload

As variacións que aconteceron despois

No concello de Muiños e en relación coa lista do 1836, só temos un alta de parroquia, a de Cados, Santa María, que foi segregada do mesmo término de San Pedro de Muiños, sendo creada como anexa da mesma, no arreglo parroquial do 1893.

bottom of page