top of page

Necrópolis Maus de Salas

As antas destas necrópoles atópanse nas ribeiras do encoro do Salas. Se se parte de Bande, capital comarcal, a poucos kilómetros hai un desvío á esquerda que leva ó concello de Muiños, polo que hai que chegar a Mugueimes, onde, ante un primeiro cruzamento, débese xirar á esquerda ata o núcleo desta poboación: unha vez alí hai que dirixirse á estrada que leva dereitamente ata o lugar de Maus de Salas.

 

 

Anta "Casiña da Moura"

Desde a aldea de Maus de Salas, seguindo a dirección da dereita, é a primeira anta que se atopa á beira da comporta do encoro. Trátase dun completo exemplar de anta coa cámara poligonal conformada mediante sete esteios que soportan unha pedra cobertora monolítica de gran tamaño. Os esteios da cámara están dispostos de xeito que se imbrican entre si debuxando unha cámara que acada os dous metros e sesenta centímetros. Esta anta fermosa e propocionada foi desprazada da súa posición orixinal por mor da construcción do encoro, polo que as laxes do que fora o corredor de entrada fican apoiadas no interior da cámara, sendo imposible a súa reconstrucción. O enxoval exhumado compoñíase por dúas machadas, das que unha amosa forma globular co fondo plano.

Anta "Casota do Foxo"

Está ao outro lado da comporta do encoro, nun pequeno outeiro dende o que se divisa unha boa panorámica dos arredores. A estructura da cámara é poligonal e está conformada por sete esteios. Nos eixos da cámara as medidas van dende os dous metros e corenta centímetros ata os dous metros e sesenta centímetros. O conxunto arquitectónico atópase coroado por unha poderosa pedra cobertora monolítica, que é máis grosa na medida en que se achega é entrada da anta. O mesmo acontece coa Casiña da Moura, non presenta restos visibles do corredor e é probable que tamén fose desprazada do asentamento orixinal. O enxoval exhumado nas excavacións arqueolóxicas conformábase de anacos de vaso campaniforme cunha decoración a xeito de liñas horizontais e puntillladas.

Castros:

Castro de Taboadela (Barxés)
Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
Castro de San Pedro de Muiños (Muiños)
Castro de Santa María do Castro (Guntumil)

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page