Orografía
Extensión
109,7 km cuadrados
Elevacións máis salientables
Coto das Galleiras: (1.444 metros)
Fontefría : (1.422 metros)
Rechao : (1.237 metros)
Porta : (1.169 metros)
Santo Tomé : (1.071 metros)
Serra do Pico : (1.393 metros)
Facho : (983 metros)
Lois : (802 metros)
Alto do Foxo : (742 metros)
Distínguense tres unidades de relieve. En primeiro lugar, a área máis meridional, formada polas estibacións da Serra do Xurés, que sirve de fronteira con Portugal, e onde se acadan as alturas máis importantes, superando moitos casos os 1.000 metros, como en Fontefría, Rechao, etc. Unha segunda unidade, que ocupa case dous tercios do municipio, é a zona montañosa intermedia atravesada polo río Salas, con alturas un pouco inferiores pero superando facilmente os 800 metros, como Facho ou Montes de Pazo entre outros; estes montes representan a transición cara á terceira unidade, o val do río Limia. Nel agrúpanse os máis importantes núcleos de poboación, e alternan os espacios abertos con sectores máis encaixados, como ocorre sobre todo na cercanía do encoro de As conchas.