Necrópolis Outeiro de Cabaladre
As antas destas necrópoles atópanse nas ribeiras do encoro do Salas. Se se parte de Bande, capital comarcal, a poucos kilómetros hai un desvío á esquerda que leva ó concello de Muiños, polo que hai que chegar a Mugueimes, onde, ante un primeiro cruzamento, débese xirar á esquerda ata o núcleo desta poboación: unha vez alí hai que dirixirse á estrada que leva dereitamente ata o lugar de Maus de Salas.
As antas da necrópole do Outeiro de Cavaladre atópanse seguindo a dirección da esquerda (desde Maus de Salas), cara á cola do encoro, na estrada que leva a Guntumil e Requiás, estando perfectamente sinalada
M1: Atópase a poucos metros á dereita da estrada que conduce a Guntumil e Requiás, pouco antes de atravesar a ponte que cruza o encoro. A anta corresponde ao tipo de megalitos con cámara tendente ao polígono e, asemade, posúe o corredor de acceso. Conserva nove esteios e tamén a pedra cobertora do corredor, así como un anel de pedra que arrodea a mámoa.
M5: Emprázase á esquerda da estrada, a uns trescentos metros e chégase por un camiño de terra que parte enfronte da Anta primeira. A estructura desta anta, inserida nunha mámoa de tamaño medio, corresponde tipoloxicamente ós monumentos tipo cista (¿enterramento individual?) e conserva oito esteios da cámara, sendo restos algúns do corredor de entrada.
Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34
SÍGUENOS
TURISMO MUIÑOS ©2016 | AVISO LEGAL | POLITICA DE COOKIES | POLITICA DE PRIVACIDADE
DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP