top of page

Patrimonio

Rutas de Santuarios Marianos no Concello de Muiños.

CARACTERÍSTICAS:

​

​

Construído no monte da Clamadoira ao final do século XVII, o templo consta de dous corpos con campanario de espadaña, sacristía e palco para a misa adosados á estrutura.

​

Está encravado no pobo de Barrio de Muiños da parroquia de Santa Mariña de Cados.

​

O seu precioso retablo barroco é obra de artistas comarcanos do século XVIII.

​

Ofrece unhas vistas pintorescas insuperables, tanto na tempada de verán como no inverno, co encoro das Conchas ao fondo.

​

Os romeiros da Clamadoira son todos os veciños/as do Concello, moitos de Ourense e Vigo así como do país veciño, Portugal.

​

A festa da Virxe da Clamadoira celébrase o segundo domingo de setembro, agás cando coincide a día 8. Neste caso pasaría ao terceiro domingo.

bottom of page