Poboación
Entidades e Parroquias
O término municipal de Muiños, ten un total de 38 entidades singulares de poboación, agrupadas en 12 parroquias.
A capital municipal do concello de Muiños, e o lugar de Muiños, quen dista da capital de Galicia, Santiago de Compostela, 165 kms, e da capital da súa provincia, Ourense, 50 kms, e da cabeceira do partido xudicial que é o de Bande, 12 kms.
Dentro do término municipal de Muiños, as entidades singulares de poboación, mais alonxadas da capital municipal, son a 10,5 kms, o lugar de Güimil, e a 10,8 kms, realmente a máis distante, o lugar de Vilardecás, sendo as dúas da parroquia de Santa María de Souto.
A continuación damos un resume das parroquias do Concello de Muiños, e das súas principais características:
Barxés (Sta María)
Abelleira, Barrio, Cruceiro, Pazós, Pedreira, Quintá, Seoane, Taboadela, Tourós
6,8 km 2
Cados (Sta María)
Barrio, Cados, Piñoi, San Miguel
5,1 km2
Couso de Salas (Santiago)
Calvelo, Cerdedo, Pousa, Santuario Couso, Reguengo, Couso
6,9 km2
Farnadeiros (S. Pedro)
Farnadeiros, Soutelo
3,1 km2
Maus de Salas (Sta Eulalia)
Maus
7,5 km2
Muiños (San Pedro)
Agrelo, Mugueimes, Muiños, Picós, Rañadoiro
8,1 km2
Parada de Ventosa (S. Pedro)
Parada de Ventosa, Pazó
6,4 km2
Porqueirós (S. Andrés)
Porqueirós
6,2 km2
Prado (S. Salvador)
Albite, Prado, Reparade
24,4 km2
Requiás ( Santiago)
Requiás, Guntumil
15,0 km2
Souto (Sta. María)
Souto, Güimil, Vilar de Cás
5,6 km2
Xermeade (S. Miguel)
Xermeade
8,1 km2
Entidades e Parroquias
O agora término municipal de Muiños nos tempos do antigo réxime pertencía a provincia de Ourense, unha das sete clásicas do Reino. Promulgada a Constitución do ano, 1812, pasa a integrarse na provincia única de Galicia, e o dividirse esta en catro povincias, polo D. De Cortes do 27 de xaneiro de 1822, e logo, polo R.D. do 30 de novembro de 1833, nas dúas veces Muiños, forma parte da nova provincia de Ourense, na que segue.
O facer pública a Deputación única a distribución en partidos xudiciais o 3 de marzo de 1820, Muiños e o seu término, figuran no partido xudicial de Bande. Tamén na seguinte decisión xudicial do R.D, de 21 de abril de 1834, segue figurando polo mesmo partido xudicial de Bande, nel continúa, no século pasado e no presente ata o de agora.
No tempo en que rexeron os xulgados comarcais da Orde do 24 de marzo de 1945, o seu xulgado de paz, dependeu do xulgado comarcal de Bande.
As súas parroquias dependen eclesiásticamente da diócese de Ourense e do seguinte arciprestade:
Muiños: Barxés, Cados, Couso de Salas, Farnadeiros, Maus de Salas, Muiños, Parada de Ventosa, Porqueirós, Prado, Requiás, Souto, e Xermeade. Tódalas parroquias ditas son matrices, agás, as de: Cados, Farnadeiros, e, Xermeade, que son anexas.
Entidades e Parroquias
A capital do concello ubícase en Mugueimes, que está na parroquia de Muiños, San Pedro. O nome do concello de Muiños, procede da parroquia de Muiños, San Pedro, que é a primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de Xuño de 1836.