top of page

Noticias

Mellora de camiños rurais 2023-2024 no Concello de Muiños
Captura de pantalla 2024-07-29 a las 17.07.29.png

PROXECTO 1.- ACCESO PARADA DE VENTOSA –PAZÓ E ACCESO A PORQUEIRÓS.
PROXECTO 2.- ACCESO NÚCLEO DE MUGUEIMES

Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E) (DOG, núm 44 do venres, 3 de marzo de 2.023), o concello de

Muiños realizou a obra “ACCESO PARADA DE VENTOSA –PAZÓ E ACCESO A PORQUEIRÓS E ACCESO NUCLEO DE MUGUEIMES”

Esta actuación cun investimento base de licitación de 65.486,93 euros, recibiu unha axuda de 53.885,99 euros e, foi financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e a Xunta de Galicia, sendo as porcentaxes de financiamento as seguintes:

FEADER (60%): 32.331,59 € 

MAPA (12%): 6.466,32 € 

Xunta (28%) 15.088,08 €

bottom of page