top of page

Noticias

RUTA PRADO-REPARADE-PAZÓ NA RIBEIRA DO RIO SALAS NO PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS E NA SÚA AREA DE INFLUENCIA 

Captura de pantalla 2021-03-25 a las 9.2

Ao abeiro da a Orde de 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non productivas vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, , cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR)de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A) (DOG nº 29 do 12 de febreiro de 2020), o concello de Muiños  realizou a obra de “Creación de Ruta Prado-Xermede-Pazó na ribeira do rio Salas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e na súa área de influencia.”

 

Esta actuación cun investimento aprobado de 39.999,99 euros (sin IVE) recibíu unha axuda de 39.999,99 euros e, foi financiada integramente con cargo á submedida 7.6 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75%. 

 

Con esta actuación preténdese compatibilizar o uso público e as actividades recreativas e deportivas, fomentar e facilitar o acceso o Parque Natural baseado nos valores do mesmo co fin de aumentar o seu coñecemento sobre este medio, así como logar unha maior sensibilización da necesidade da súa conservación. Coa creación desta ruta preténdese mellorar a oferta de uso público, prestando especial atención e respecto ás áreas con importantes valores culturais, estéticos, educativos e científicos.

 

bottom of page