Rutas de Sendeirismo
O concello ofrece unha gran variedade de alternativas para gozarmos dél. O ocio e formación outorgan unha das súas facetas máis interesantes, nas que a diversión, o descanso e a interpretación dos seus diversos valores é unha constante en calquera das rutas que escollamos, tanto se o viaxeiro opta polos percorridos en automóbil como si decide integrarse coa natureza, percorrendo o a pé polos seus camiños e sendeiros. Existen rutas adecuadas para cada actividade ou persoa:
Ruta Torrente-Salgueiro
-
Inicio: Mugueimes
-
Fin: Salgueiro
-
Itinerario: 12 kilómetros.
-
Duración aproximada: 6 horas
-
Dificultade: Media-Alta
Partindo de Mugueimes, capitalidade do concello, principiamos o noso percorrido na Rectoral de San Pedro (Clase A), onde iniciamos a ascensión ata a ermida da Clamadoira, onde podemos ollar unha fermosa panorámica do encoro de As Conchas. Ó pe da ermida existe un carballo bicentenario que, segundo a tradición popular, agocha un tesouro entre as súas raíces. Conta Vicente Risco que neste templo de devoción mariana celebrábase unha popular romaría no lugar no que se convocaba á loita contra os mouros.
Podemos seguir o noso camiño polo monte do Chairo, ata chegar ó núcleo de Prado. Á saída cruzamos o río Salas por unha ponte de pedra, e continuamos monte arriba ata chegar a Salgueiro. Para poder acceder ó poboado hai que solicitar permiso ó Parque Natural Baixa Limia-Xurés, xa que aquí é onde se atopa o centro de adaptación da cabra montés e do garrano.
Ruta del Río Salas o Ruta Megalítica
-
Inicio: Maus de Salas
-
Fin: Maus de Salas
-
Itinerario: 13 kilómetros.
-
Duración aproximada: 3 horas
-
Dificultade: Baixa-Media
Hermoso itinerario circular nas marxes do río Salas dende o que podemos contemplar unha fermosa fervenza e a presa do embalse de Salas. Aquí empeza o percorrido sinalizado xunto a "Casiña da Moura". Continua ao cruzar o muro de formigón da presa ata chegar a "Casota do Foxo". O percorrido continua por unha pista que rodea o encoro.
Atravésase a ponte de Guntumil para acceder a necrópole de "Outeiro de Cavaladre", e se continua a ruta polo borde do encoro ata chegar de novo a poboación de Maus de Salas.
Neste percorrido pódese observar en todo momento as increíbles vistas que ofrecen os Picos de Fontefría.
Ruta Guntumil-Portela de Pitôes-Requias
-
Inicio: Guntumil
-
Fin: Requiás
-
Itinerario: 11kilómetros.
-
Duración aproximada: 3 horas
-
Dificultade: Media-Alta
Este roteiro duns 11 km., amosa un gran interese pese á súa dificultade. Sen percatarnos, e continuando os vellos camiños tantas veces concorridos por contrabandistas e fuxidos, penetraremos en Portugal. Iniciamos o noso percorrido en Guntumil, collendo a estrada que se dirixe a Tourem, no veciño concello portugués de Montealegre, onde tomaremos o desvío que nos levará ata a ermida de Santa María de Castro. Retornando ó sendeiro podemos contemplar restos megalíticos na zona chamada Padín, continuando a nosa marcha ata o refuxio de montaña do Pisco. Alí collemos a ruta que nos vai levar ata Portela de Pitôes (Montealegre-Portugal), onde podemos visitar os restos do mosterio cisterciense de Pitôes das Junias ó tempo que divisamos os picos de Fontefría. Dende a aldea portuguesa iniciamos o descenso ata chegar á aldea de Requiás, xa en Muiños.
Ruta Caminos de las ferias
-
Inicio: Ganceiros - Lobios
-
Fin: Couso
-
Itinerario: 25 kilómetros.
-
Duración aproximada: 7 horas
-
Dificultade: Alta
Ten unha lonxitude de 25 km e unha duración de 7 horas, está catalogado como percorrido de forte pendente. Iniciase o percorrido no antigo serradeiro de auga de Ganceiros (Lobios), continuamos subindo por un camiño rodeado de piñeiros, e ó chegar ó monte chairo atopamos restos megalíticos e unha boa vista panorámica. Na ladeira do monte atopamos a aldea de Pazos e Parada de Ventosa, xa no concello de Muiños. Deixarémolas a esquerda continuando monte a través para sair ó lado da aldea de Reparade. Seguimos o sendeiro que nos conducirá á ermida da Clamadoira. Continuaremos tres km pola estrada para chegar ata Porqueirós cruzando éste podemos visitar a súa ermida da Aparecida. Continuamos pola estrada que nos levará a Couso. Nesta temos un desvío para o Castelo de Taboadela. Despois continuaremos ata a aldea de Santuario de couso onde podemos visitalo Santuario.
Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34
TURISMO MUIÑOS ©2016 | AVISO LEGAL | POLITICA DE COOKIES | POLITICA DE PRIVACIDADE
DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP