top of page

Saúdo do Alcalde

Compráceme como Alcalde do Concello de Muiños darvos a  benvida a esta  "viaxe virtual"  polo noso municipio. A nova páxina web do Concello así como a actualización da  mesma  plantéxase como unha prioridade para o Goberno municipal, amosándose como unha nova vía para que tódolos/as cidadáns/ás sexan partícipes do que ocorre no mesmo. A colaboración permanente cos nosos/as vecinos/as e a transparencia na xestión municipal son e serán sempre unha prioridade neste  goberno.

Un portal de información que aspira a consolidarse como punto de referencia e de encontro entre os/as veciños/as do Concello, que lles achegue os diferentes servizos e recursos municipais así como unha vía para plantexar reclamacións, problemas ou suxerencias aforrando tempos de espera.

Esto é un paso máis na mellora dos servizos, infraestructuras e na atención ós nosos veciños e visitantes. As novas tecnoloxías, constitúen nos tempos que corren, máis que un reto e un obxectivo, unha necesidade. Por elo, o Concello pón a túa disposición unha nova páxina web innovadora, versátil, intuitiva e dinámica que, agardo, responda coa calidade debida ás túas expectativas. Con todo, iremos mellorando e ampliando os seus contidos, pero sen alteralo propósito inicial que nos impulsou a creala: abrí-las portas deste Concello, da alcaldía, dos/das concelleiros/as e dos diversos servizos municipais, en xeral, a quen nos visite a través de Internet.

A web tamén será un punto de encontro para que todos/as aqueles/as vecinos/as que no seu día tiveron que emigrar ó estranxeiro poidan vencer, dalgún modo, a súa morriña mediante un seguemento diario das novas que acontecen na súa terra nai.

Muíños é hoxe, nos albores do século XXI, un concello que conxuga á perfección as tradicións coa modernidade. Un lugar agradable para  vivir e disfrutar dos seus moitos encantos arqueolóxicos, arquitectónicos, paisaxísticos, medioambientais, festas, romerías populares e gastronómicas e un longo etc.

Un Concello que intenta dinamizar a Baixa Limia a través dos seus recursos turísticos, onde entre outros se atopa, o Complexo Turístico Deportivo de 0 Corgo, instalación  de referencia  a nivel autonómico na organización de actividades de tempo libre, onde  se funde  o  contacto directo coa natureza e a práctica de actividades naúticas.

Pero a nosa principal  riqueza  radica  nas xentes  deste  Concello,  abertas  e hospitalarias  como poucas. Nesta páxina poderán descubrilo”.

 

Benvid@s  a este fermoso Concello e a Comarca da Baixa Limia.

 

 

 

 

Plácido Alvarez Dobaño, Alcalde 

Buzón de sugerencias

¡Bien! Mensaje recibido

.
bottom of page