top of page

Santa Comba, Arte Visigodo

Santa Comba é un templo visigodo, a súa construcción sitúase na segunda metade do século VII. Está situado no concello veciño de Bande. Trátase da igrexa máis antiga de Galicia e o primer edificio declarado monumento nacional no ano 1921 na Provincia de Ourense.

Atópase na aldea de santa Comba e o seu acceso é pola estrada N-540 de Ourense a Portugal a 10 km de Bande a a 1 km de Porto Quintela.

a construcción conta cunha planta de cruz grega e perímetro rectangular do que sobresale polo cabeceiro o rectángulo do altar maior e, polos pés, o pórtico. O perímetro rectangulas queda debuxado por estancias a ambos lados do pórtico que comunicaban con este, outros con transepto e os das cabeceiras coa nave.

Tanto en planta como no alzado conxuga a cruz grega inscrita nun cadrado cun punto central que se eleva mediante o cimborrio. Cúbrese con bóveda de canón en nave e transepto, con bóveda de arista no tramo central co cruceiro e bóveda de ferradura no altar maior.

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page