top of page

Situación

Situación Xeral

O concello de Muiños está situado o sur de Galicia e tamén da provincia de Ourense, da que administrativamente forma parte. Ubicado no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés que, xunguido recentemente ao veciño Parque Nacional portugués da Peneda Gêres, conforma un dos espacios naturais mellor conservados de Europa Occidental.

 

Limita polo norte, cos concellos de Lobeira, e Bande; polo leste, cos da Porqueira, e Calvos de Randín; ademáis de Portugal; polo sur, ca veciña nación de Portugal; e polo oeste, co concello de Lobios.

 

A súa situación xeográfica é: latitude, 41º 57º, Norte; e a lonxitude de 7º 59º; oeste; sendo a súa altitude de 620 metros sobre o nivel do mar. A efectos de localización nos mapas e identificación, convén ter presente que o código xeográfico é o 32510; o do INE, o 32051; e as follas do mapa topográfico nacional, a escala 1/50.000, nas que aparece debuxado, son as: 263, e 301.

Acceso

Desde Ourense

O acceso máis rápido e cómodo realízase pola estrada Autovía AG-31 ata Celanova e dende alí pola carretera N-540 Lugo-Portugal (estrada de Celanova), cun trazado recentemente modificado e renovado dende Bande.

 

Desde la meseta

Por medio da estrada N-525 Santiago-Zamora. En Xinzo de Limia existe a posibilidade de colle-la estrada comarcal de Xinzo a Ponte Liñares, dende onde outra estrada local nos conduce a Mugueimes (capitalidade de Muiños). Tamén dende Xinzo de Limia podemos acceder ó Val do Salas a través da estrada comarcal que conduce a Baltar e á Calvos de Randín, para dende aquí tomar outra estrada local que nos leva a Maus de Salas, Guntumil e Requiás.

 

Desde Portugal 

Existen tres fronteiras de acceso. A Magdalena, que dende Ponte da Barca continúa por medio da N-540. A de Portela do Home, que comunica con Lobios. Finalmente, a da Ameixoeira, que une a vila portuguesa de Castro Leboreiro con Entrimo.Tamén se pode acceder dende o pobo portugués, Tourem, polo Toubeiro e Guntumil.

bottom of page