top of page

Complexo turístico O Corgo

O municipio conta cunha área recreativa no Parque Natutal de Outeiro de Cela situado no encoro de As Conchas e outra en Maus de Salas.

 

A primeira delas conta cunha superficie de 26 ha, ten duas praias fluviais, merendeiros, bar e outros servicios ademáis de efectuarse nel unha importante repoboación, coa plantación de máis de 30.000 árbores de 60 especies diferentes.

Teléfono

Junio a Septiembre

988 406 075

Resto del año

988 456 403

639 030 034

Este parque forestal, que forma parte tamén de todo o complexo, basicamente está composto de: Superficie de 40 ha. Ten unha flora de aprox. 4.000 árbores, con preto de 150 especies. As árbores agrupadas forman zonas tales como: faias, soutos, carballeiras, salgueirais, amieirais, vidueiras, sobreirais, aveledas, piñeirais do pais, pradairal, etc.

Un ARBOREDO composto de 30 árbores que son as especies autóctonas do Xurés, debidamente indicados cos seus nomes culto e popular.

Neste lugar temos un camping con capacidade para 300 persoas, ademais 6 bungaloes con dúas habitacións con baño, salón-comedor-cociña, totalmente equipados e con terrazas; e un albergue "O Corgo" para colectivos de 106 prazas, en dormitorios de 30, 20, 15, 10, 6 e 4 prazas, cociña con comedor panorámico sobre o encoro preparado para a práctica de diferentes actividades deportivas. Unha residencia - albergue "A Rola" para familias e grupos reducidos en habitacións de 6 prazas con baño, restaurante - cafetería con terrazas abertas e un Edificio Socixuvenil como centro xestor do Complexo.Ó carón destas instalacións unha fermosa praia fluvial aproveitando o encoro de As Conchas. Peirao con embarcadoiro flotante, hangar para embarcacións, e servizo de aluguer de embarcacións, remo, barco móbil e piraguas, barcos de auxilio e socorrismo, chalecos etc.


Salas multidisciplinares cubertas, servizo de monitores de tempo libre, sendeirismo, andainas, deportes e tamén excursións organizadas (rutas de sendeirismo) 


Tamén hai que facer mención a outras duas praias non menos importantes no mesmo encoro, Touza da Rola e Illa de Pazos.

Descarga

pdf informativo

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round
Marca_Galicia.jpg

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page