top of page

Vestixios Romanos

VIA NOVA 

A vía XVIII do itinerario antonino, que dende Braga diríxese a Astorga, atravesa o noso concello. No encoro de As Conchas, e compartido con veciño Bande, atopamos as excavacións da antiga mansión de Aquis Querquensis, situada de 53 millas de Braga e na que paraban os viaxeiros, contando cun pequeno destacamento militar de 500 homes, encargados de vixiar a zona.

trátase dunha calzada romana que aparece con número XVIII no Itinerario de Antonino, foi construida entre os anos 79 e 80 durante o Imperio de Vespasiano e o seu fillo Tito, polo legado C. Calpetanus Rantius Quirinalis Velerius Festus, con propósitos comerciais e restaurada en tempos de Maximino o Tracio e o seu fillo Máximo. Ao longo do seu trazado as millas romanas atópanse sinalizadas mediante miliarios. Este trazado é un dos que conserva maior número deste miliarios en toda Europa.

AQUIS QUERQUENNIS

 

Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A cidá, foi un campamento romano situado ás beiras do río Limia no encoro de As Conchas. Foi ocupado entre o último cuarto do século I e mediados do II. Non se coñece qué unidade militar ocupou o campamento aínda que se sospeita que poidera ser a Cohorte I Gallaica, unidade mista de cabalaría e infantería.

O asentamento ocupa 3 ha e a súa disposición é a clásica: rectangular e dous vías principais ortogonales, o cardo e o decumano. Posúe unha muralla de bordes suavizados e fábrica de perpiñaos graníticos, co 3,20 m de altura e almenas semicilíndricas. As torretas sobresaen aproximadamente 10 cm dende as almenas. A muralla está separada das construcción do interior por un intervallum de 11 m. Hai un foso exterior á muralla con forma de "V" en profundidade, de 4 m de ancho por 3 m de fondo.

 

Posúe 4 portas principais, a que corresponden aos estremos das dúas rúas citadas; soamente escaváronse dúas de elas: a Principalis Sinistra e a Decumana. A primeira posúe dous vanos e a segunda soamente un. Identificáronse tres barracóns, líneas de habitacións en edificios enfrentados en torno a un patio de cisterna para recoller a auga da chuvia. As estancias, de 3x3 metros e preparadas para albergar ata 8 soldados, teñen un sólo de terra batida, están divididas en dúas zonas. As portas e oquedades dan ao sol.

Hai dous hórreos rectangulares elevados sobre pilares de pedra e delimitados por muros grosos con contrafortes, polo que se pensa que as cubertas eran abovedadas, xa que os contrafortes guían e centran as forzas xurdidas de superficies non ortogonales. Atopouse un edificio de planta case cuadrada e habitacións dispostas en torno a un impluvium, quizáis era un hospital. É posible que un peristilo de columnas de madeira asentando sobre un muro baixo perimetrara o patio.

O edificio central foi probablemente o cuartel ou principia. Posúe unha planta de 34,8 m de fachada x 32,1 m de fondo; ten un vestíbulo flanquexado por 3 deambulatorios, un patio central grande con peristilo en 3 de seus lados, unha basílica á que se pode acceder por 3 portas en lados distintos e un área sacro-administrativa ou templo oficial, onde no seu centro está o aedes rodeado por cinco estancias, posiblemente o tabularium ou archivo.

MILIARIOS ROMANOS

Os miliarios romanos eran un eficaz sistema de sinalización que non se expresaba en metros senón en millas romanas, uns mil pasos, entre 1.400 y 1.800 metros.

 

A maioría atópanse no seu lugar orixinal aínda que algúns, os menos, forman parte de vivendas ou peches de campos. Na Igrexa de Santa Comba de Bande, unha xoia do visigodo galego, atópase un miliario adicado ao emperador Traxano, qe sobreviviu como pila bautismal.

Ao longo da Vía Nova atopáronse un total de 281 miliarios.

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page