top of page

Parque Natural do Xurés

O Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés" sitúase no suroeste da provincia de Ourense, estendéndose polo sector estremo da comarca da Baixa Limia.

​

Este parque natural abarcaba unha superficie de 20.920 ha, repartidas entre os concellos de Entrimo, Lobios e Muiños. Posteriormente, ampliouse aos concellos de Lobeira, Bande e Calvos de Randín e na actualidade abarca unha superficie total de 29.345 ha.

​

Foi declarado parque natural de Baixa Limia – Serra do Xurés, mediante Decreto 29/1993, do 11 de febrero (DOG nº 35, do 22 de febrero). En maio de 2009, a UNESCO declarou a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês - Xurés, cunha superficie total de 267.958 ha, das cales un total de 62.916 ha pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia e 205.042 ha pertencen a Portugal, abarcando as poboacións de Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terras de Bouro e Montalegre.

​

Un dos principais atractivos deste parque natural é a súa gran variedade de paixases. Aquí mestúranse serras escarpadas con outras formas máis suaves, nas que o granito é o protagonista, pequenos ríos que descurren entre as rocas, en ocasión descolgándose en fervenzas e saltos de auga, e espesos bosques cheos de vida.

​

Posee unha gran variedade de vexetación; bosques caducifolios de carballos e bidueiros alternan con outros de folla perenne, como os de sobreiras ou erbedos, esto implica temén diversidade na fauna, onde conviven as aves rapaces como a aguia real, aves forestais e acuáticas, anfibios e reptís, mamíferos coma o lobo, o xabaril e varias especies de peixes.

​

Hai túmulos e dolmens do Paleolítico; castros, vías, baños e miliarios da época romana; numerosas mostras de arquitectura medieval e infinidade de exemplos de arquitectura popular perfectamente integrada na paisaxe.

DESCARGAR MAPA

DESCARGAR FOLLETO

Fotos cedidas por Toni Alvarez - Fotonova©

44756336_2089971844587992_60438055614876
Captura de pantalla 2018-11-02 a las 15.

Escríbenos a turmuinosconcello@gmail.com para facer a as túas reservas o consulte dúbidas sobre o turismo de Muiños. Tel. 639 03 00 34

SÍGUENOS

  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

DISEÑO Y DESARROLLO POR MVES DREAM UP

bottom of page